A escola abre esta nova porta ás familias para que compartades aínda máis o día a día das vosas nenas e nenos. Esperamos que disfrutedes con nós desta aventura!

Mostrando entradas con la etiqueta Festas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Festas. Mostrar todas las entradas

13 de julio de 2017

FESTA FIN DE CURSO 2016-17

Menuda festaaaaaaa!!!
O noso agradecemento máis sincero a todas/os pola vosa participación.
En especial, á nosa fotógrafa favorita.
Grazas, Fanny!!!






Aquí hai praia!!! on PhotoPeach  
 Vaia, vaia on PhotoPeach  
 Ahhh on PhotoPeach

Actividades on PhotoPeach

29 de julio de 2015

16 de marzo de 2014

O Antroido do Gato Guille

"Gato Guille estaba xogando no seu cuarto.
De súpeto, escoitou un ruido estraño:
fiiiuuu  fiiiuuu ..."
Así arranca o conto que motiva o noso Antroido.
Xa vistes o bonito que quedou o cole con esta ambientación tan "currada". Moitas grazas, colaboradores. Sodes verdadeiramente artistas!!!
E @s nen@s, iamos  xeniales co noso disfrace!







30 de diciembre de 2013

14 de noviembre de 2013

O Magosto

"Indo polo souto abaixo
atopei un ouriciño,
tres castaniñas me deu
para ti meu queridiño."

            (Cantiga popular)
                                                                           
                 


              

22 de julio de 2013

FESTA DE FIN DO CURSO 2012-13

O último venres de xuño celebramos a nosa xa famosa romaría para despedir o curso. Xuntámonos pais, fillos, avós, tíos, primos e persoal da escola... todos axudando a facer desta xornada un día tan especial. Cada ano superámonos, pasámolo xenial!!!
Mirade, mirade...

Se queredes ollar o video, picade AQUÍ e introducide o contrasinal: mariñas. 

Parabens por esta peli, "Sandra nai de Lía" .Moitas grazas!!! Quedou bárbara!!!...



...e algunhas imaxes, con "fotocol" incluído!!! O noso agradecemento tamén a Tino, o  fotógrafo oficial.

             

10 de julio de 2013

FAMILIAS COLABORADORAS

Moitas son as familias que nos acompañaron e compartiron as súas aficións e coñecementos. O noso agradecemento a todas elas pola súa xenerosidade e entusiasmo!!!

21 de febrero de 2013

O ANTROIDO DO COELLIÑO

Este ano chegaron prontísimo estas festas, ademais en pleno período de adaptación!!! Pero non importou. Est@s nov@s compañeir@s están demostrando ser uns campións. Bravo por eles!

O Antroido colleunos a todos disfrazados e á escola chea dos personaxes do conto O coelliño branco. Quedou realmente chula. Canto traballaron estes papás!!!

 

16 de diciembre de 2012

VOLTAMOS!!!

Este venres fixemos a presentación  das novas instalacións e o luns por fin empezamos.  Queremos agradecer a tod@s o voso esforzo e paciencia durante estes meses. Que vos pareceu o resultado?


 

24 de julio de 2012

FESTA DE FIN DE CURSO 2011-2012

O último venres de xuño fixemos tremenda festa  no xardín. Xuntámonos pais, fillos, avós, tíos, primos e o persoal da escola... todos axudando a facer desa xornada un día tan especial. Pasámolo xenial!

Acompañáronnos ao comenzo  Pablo Díaz e Diego Barral coa súa música e cancións.
Houbo despois moitas actividades e obradoiros organizados polas familias: tatuaxe, maquillaxe, globoflexia, pintura de uñas, contos e decoración de galletas e bandexas.

No xantar contamos coa inestimable colaboración dos irmáns e primos camareiros que despois de servir a comida aos pequeniños, fixeron chegar aos maiores degustacións do máis multicultural. Probamos especialidades búlgaras, arxentinas, uruguaias, bolivianas, brasileiras, colombianas, peruanas, andaluzas e galegas ... Mmm!
Para asentar todas estas ricuras, que mellor que un té marroquí?

As vivencias desta xornada quedan plasmadas neste fantástico video. Gratitude sen fin ao seu autor Alberto,  pai de Leo Castaño. Menudo regalazo!


 





3 de abril de 2012

ANTROIDO 2012 NAS MARIÑAS


Cada ano a celebración do Antroido na escola xira en torno a un conto. O elixido para este, foi o de GARAVANCIÑO (Ed. Kalandraka)

Á volta de Reis comenzamos xa a traballar. Unha comisión de nais e pais elixiron os temas para ambientar os espazos comúns da escola. Distribuíuse o traballo entre os colaboradores tanto para facer na casa, como durante as mañás na propia escola.
Durante todo un mes foron  maquinando, reciclando, pintando, recortando, pegando,  colgando… ata deixar todo estupendo: o Sr tendeiro articulado, a nai e a súa cociña, a casiña (parabéns aos irmáns maiores tamén, Alejandra!), os monigotes, os sembrados, árbores, montes, e o  boi xigante colgado  pola fachada!

 

O día 17 de mañá moitos pais, nais e avoas “marchosas” participaron na gravación dun vídeo. Moitas grazas Alberto cámara/ montaxe e Fer coa música!: sodes dignos pais dos  Leos de 2-3. Pasámolo moi ben!
Pola tarde continuou  a festa no xardín coas piñatas e todas as garavanciñas e garavanciños  disfrutando dun maravilloso día de sol. 

 

É un gusto poder contar con tanta xente ilusionada que nos axude. Queda demostrado que todas/os podemos aportar cousas que enriquezan a vida das nenas e nenos  na escola e facer dela un sitio vivo e compartido. 

 

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!