Visitamos a casa de Manola e Juan. Probamos o leite, montamos no tractor, dimos de comer ás vacas...e, sobre todo, pasamos un día estupendo.
A escola abre esta nova porta ás familias para que compartades aínda máis o día a día das vosas nenas e nenos. Esperamos que disfrutedes con nós desta aventura!
Mostrando entradas con la etiqueta saídas e excursións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta saídas e excursións. Mostrar todas las entradas
10 de julio de 2014
22 de mayo de 2014
Xeadaría Colón
Ao sair da Bebeteca, pasamos pola Colón. Como nos puxemos!!! que ricos están estes xeados... de limón, chocolate, morango...
Dani mostrounos na cociña como os elaboran a diario, todos con produtos naturais.
Voltaremos de seguro.
Moitas grazas por proporcionarnos estes momentos tan doces!!!
Dani mostrounos na cociña como os elaboran a diario, todos con produtos naturais.
Voltaremos de seguro.
Moitas grazas por proporcionarnos estes momentos tan doces!!!
20 de mayo de 2014
A bebeteca
Visitamos a Bebeteca da Deputación e Silvia deixounos mirar moitos contos. Algúns xa eran coñecidos pero había moitísimos novos. Temos que facernos socios para poder levalos á casa!!!
23 de abril de 2014
2 de abril de 2014
Os peixes
Luis, o pai de Nerea, tróuxonos á escola cantidade de peixes e crustáceos e así puidemos velos de cerca e tocalos.
Ademais, os maiores fixemos a primeira saída do curso e visitamos a Casa dos Peixes. Vimos como os buzos os alimentaban e pásamolo de marabilla!!!
Ademais, os maiores fixemos a primeira saída do curso e visitamos a Casa dos Peixes. Vimos como os buzos os alimentaban e pásamolo de marabilla!!!
10 de julio de 2013
FAMILIAS COLABORADORAS
Moitas son as familias que nos acompañaron e compartiron as súas aficións e coñecementos. O noso agradecemento a todas elas pola súa xenerosidade e entusiasmo!!!
Etiquetas:
ao sair da escola,
cos grandes (2-3),
cos pequeniños (0-2),
familias colaboradoras,
Festas,
obradoiros na escola,
os contos,
saídas e excursións
18 de junio de 2013
A GRANXA DE MANOLA E JUAN
O pasado venres fixemos a nosa última excursión. Fomos en autobús, pero esta vez bastante lonxe: a Castelo de abaixo (Culleredo). Un camiño realmente precioso!!!
Na casa destes amigos subimos no tractor, dímoslle o biberón ós cuxos, alimentamos ás vacas, montamos en "cabala" e burro, bebimos leite recen muxido, vimos uns bois grandísimos e tamén galiñas... ata invitaronnos a biscoito de chocolate.
Grazas por todo, Manola e Juan!!!
31 de mayo de 2013
O MERCADO DE SAN AGUSTÍN
Nós, somos uns forofos dos mercados e feiras. Hai tantas cousas deliciosas que ver, tocar, saborear e ulir... O último venres de maio fixemos a compra no de San Agustín e trouxemos as cestiñas cheas e os moedeiros valeiros.
A xente que nos atendeu... encantadora coma sempre. Ánimo praceiras!!!
A xente que nos atendeu... encantadora coma sempre. Ánimo praceiras!!!
10 de mayo de 2013
BEBETECA E XEADARÍA
O martes pasado dando un paseíño chegamos ata a Bebeteca da Deputación. Alí nos esperaba Silvia, a contacontos. Como nos fixo rir!!!
Despois achegámonos á Xeadaría Colón, famosa polos seus riquísimos xeados feitos con produtos naturais. O de morango triunfou! Que ben nos trataron.
Moitas grazas a tod@s, imos repetir!!!
9 de mayo de 2013
VISITAMOS O MAC
O mércores 17 de abril fomos ao Museo de Arte Contemporánea de Unión Fenosa. Queda un pouco lonxe da nosa escola, pero non importou. Collimos o autobús nº 11 e coas mamás, papás e algún avoiño alá fomos. Vimos esculturas de estaban feitas coa madeira das árbores, fixemos xogos e descubrimos que todos por dentro somos... DE COR ROSA.
Non sabiamos que os museos foran lugares tan divertidos!!!
15 de marzo de 2013
SAÍMOS DA ESCOLA
Queremos compartir novas experiencias cos compañeiros fóra da escola.
En catro ocasións paseamos ata a Fundación Barrié que, dentro do ciclo "Despertamos a las artes", programaba teatro. Nós vimos JOP e CARACOLES. Disfrutamos moito!!!
O mércores 13 visitamos a Casa dos Peixes. Esta vez viaxamos en autocar. Viñeron un montón de mamás, papás, algúns avós ... Pasámolo a mar de ben!!!
6 de junio de 2012
Á GRANXA!!!
Que mellor para empezar o mes que montar no autobús e visitar a Maruja e José na súa casa de Andeiro. Alí demos de comer ás vacas, montamos no cabalo, subimos aos tractores, vimos os invernadoiros, xogamos cos canciños, perseguimos galiñas...uff!
Ía moita calor e ó final fixemos un descansiño á sombra diante do hórreo para beber e tomar galletas e alfajores. Deliciosos!!!
Ía moita calor e ó final fixemos un descansiño á sombra diante do hórreo para beber e tomar galletas e alfajores. Deliciosos!!!
Grazas por axudarnos a pasar unha xornada marabillosa!
25 de mayo de 2012
QUE VIVAN OS MERCADOS TRADICIONAIS!!!
Hai que voltar aos mercados e feiras. Nós fomos durante tres días ao de San Agustín e como disfrutamos! Vimos e tocamos produtos novos, eliximos o que queriamos levar, pagamos do noso moedeiro, probamos ... estaba todo riquísimo. Un mundo de cores, aromas e sabores.
A xente que nos atendeu...encantadora. Ánimo praceiras!!!
A xente que nos atendeu...encantadora. Ánimo praceiras!!!
30 de abril de 2012
CÓNTAME UN CONTO!!!
Na escola, dende os bebés ata os grandes, todos disfrutan moitísimo cos contos. Sabedes que diariamente hai un tempo dedicado a contalos, miralos e tocalos.
Escoitar contos e participar dunha historia non é calquera cousa: comezamos a entender o mundo a través deles, despértannos a curiosidade, a fantasía, as ganas de saber máis e de falar do noso.
Contalos non é nada sinxelo: aí está a habilidade do contador para avivar no neno todas esas emocións. A nosa recomendación é que practiquedes, que lle dediquedes un tempiño e xa veredes como o resto vai rodado...
Durante tres días achegámonos con distintos grupiños, papás e avós á Biblioteca Municipal de Monte Alto coa idea de abrir un espazo novo de lecer para os peques. Un lugar cheo de historias marabillosas no que disfrutar un rato (de entrada uns minutiños) e sobre todo onde elixir libros e miralos na casa.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)