A escola abre esta nova porta ás familias para que compartades aínda máis o día a día das vosas nenas e nenos. Esperamos que disfrutedes con nós desta aventura!

2 de abril de 2014

Os peixes

Luis, o pai de Nerea, tróuxonos á escola cantidade de peixes e crustáceos e así puidemos velos de cerca e tocalos. 
Ademais, os maiores fixemos a primeira saída do curso e visitamos  a Casa dos Peixes. Vimos como os buzos os alimentaban e pásamolo de marabilla!!! 





16 de marzo de 2014

O Antroido do Gato Guille

"Gato Guille estaba xogando no seu cuarto.
De súpeto, escoitou un ruido estraño:
fiiiuuu  fiiiuuu ..."
Así arranca o conto que motiva o noso Antroido.
Xa vistes o bonito que quedou o cole con esta ambientación tan "currada". Moitas grazas, colaboradores. Sodes verdadeiramente artistas!!!
E @s nen@s, iamos  xeniales co noso disfrace!







30 de diciembre de 2013

21 de noviembre de 2013

Aquí estamos @s de 1-2 !!!

Non nos chega a xornada para tanto que facemos:
pintar, bailar, observar, colaborar, paladear,  compartir... e sobre todo xogar.
Mirade, mirade !






18 de noviembre de 2013

Bebés

Aquí estamos @s 7 da clase, disfrutando e superándonos día a día.
Non hai dúbida de que somos estupendísim@s!!!!


14 de noviembre de 2013

O Magosto

"Indo polo souto abaixo
atopei un ouriciño,
tres castaniñas me deu
para ti meu queridiño."

            (Cantiga popular)
                                                                           
                 


              

11 de noviembre de 2013

Un xardín xunto ao mar

Disfrutamos todos moitísimo de estar xuntos nunha escola  pretiño do mar e que ademais ten un xardín tan estupendo.
Aproveitamos, mentras non estea moi mollado, para apañar castañas, caracois, flores, follas... Tamén observamos  arañas,  gaivotas,  cogumelos... E por suposto, escalamos e corremos coas amigas e amigos.
Para aproveitar todo o que nos ofrece a natureza   precisamos as botas de auga. Acordádevos!!!