A escola abre esta nova porta ás familias para que compartades aínda máis o día a día das vosas nenas e nenos. Esperamos que disfrutedes con nós desta aventura!

22 de julio de 2013

FESTA DE FIN DO CURSO 2012-13

O último venres de xuño celebramos a nosa xa famosa romaría para despedir o curso. Xuntámonos pais, fillos, avós, tíos, primos e persoal da escola... todos axudando a facer desta xornada un día tan especial. Cada ano superámonos, pasámolo xenial!!!
Mirade, mirade...

Se queredes ollar o video, picade AQUÍ e introducide o contrasinal: mariñas. 

Parabens por esta peli, "Sandra nai de Lía" .Moitas grazas!!! Quedou bárbara!!!...



...e algunhas imaxes, con "fotocol" incluído!!! O noso agradecemento tamén a Tino, o  fotógrafo oficial.

             

10 de julio de 2013

FAMILIAS COLABORADORAS

Moitas son as familias que nos acompañaron e compartiron as súas aficións e coñecementos. O noso agradecemento a todas elas pola súa xenerosidade e entusiasmo!!!

18 de junio de 2013

A GRANXA DE MANOLA E JUAN

O pasado venres fixemos a nosa última excursión. Fomos en autobús, pero esta vez bastante lonxe: a Castelo de abaixo (Culleredo). Un camiño realmente precioso!!!
Na casa destes amigos subimos no tractor, dímoslle o biberón ós cuxos, alimentamos ás vacas, montamos en "cabala" e burro, bebimos leite recen muxido, vimos uns bois grandísimos e tamén galiñas... ata  invitaronnos a biscoito de chocolate.
Grazas por todo, Manola e Juan!!!

31 de mayo de 2013

O MERCADO DE SAN AGUSTÍN

Nós, somos uns forofos dos mercados e feiras.  Hai tantas cousas deliciosas que ver, tocar, saborear e ulir... O último venres de maio fixemos a compra no de San Agustín e trouxemos as cestiñas cheas e os moedeiros valeiros. 
A xente que nos atendeu... encantadora coma sempre. Ánimo praceiras!!!

24 de mayo de 2013

MEDRANDO

Na clase d@s pequeniñ@s están a suceder moitas cousas. Celebramos, querémonos, rímonos, paladeamos,  descubrímonos, falamos...Mirade!!!

 

10 de mayo de 2013

BEBETECA E XEADARÍA

O martes pasado dando un paseíño chegamos ata a Bebeteca da Deputación. Alí nos esperaba Silvia, a contacontos. Como nos fixo rir!!!
Despois  achegámonos á  Xeadaría Colón, famosa polos seus riquísimos xeados feitos con produtos naturais. O de morango triunfou! Que ben nos trataron. 
Moitas grazas a tod@s, imos repetir!!!



9 de mayo de 2013

VISITAMOS O MAC

O mércores 17 de abril fomos ao Museo de Arte Contemporánea de Unión Fenosa. Queda un pouco lonxe da nosa escola, pero non importou. Collimos o autobús nº 11 e coas mamás, papás e algún avoiño alá fomos. Vimos esculturas de estaban feitas coa madeira das árbores, fixemos xogos e descubrimos que todos por dentro somos... DE COR ROSA.
Non sabiamos que os museos foran lugares tan divertidos!!!