A escola abre esta nova porta ás familias para que compartades aínda máis o día a día das vosas nenas e nenos. Esperamos que disfrutedes con nós desta aventura!

3 de abril de 2014

Amor de mis amores

Hai algo máis gratificante que bañar un bebé? É un momento precioso onde se establecen c@ recén vínculos afectivos a través do tacto, da mirada, da voz... que provocan que se sinta a gusto, relaxad@ e segur@.
Pois ben, Barri, o pai de Uxío, ofreceuse a vir á escola a ensinarnos como se fai isto. E non só a técnica, senón tamén que debemos facelo con amor e deixar que o bebé xogue e disfrute... 
@s da clase dos maiores aproveitamos para xogar c@s bonec@s e darlles un bo baño. Nós de paso tamén.
Precisamente estivo con nós o 19 de marzo... día do pai. Grazas!!!


2 de abril de 2014

Os peixes

Luis, o pai de Nerea, tróuxonos á escola cantidade de peixes e crustáceos e así puidemos velos de cerca e tocalos. 
Ademais, os maiores fixemos a primeira saída do curso e visitamos  a Casa dos Peixes. Vimos como os buzos os alimentaban e pásamolo de marabilla!!! 





16 de marzo de 2014

O Antroido do Gato Guille

"Gato Guille estaba xogando no seu cuarto.
De súpeto, escoitou un ruido estraño:
fiiiuuu  fiiiuuu ..."
Así arranca o conto que motiva o noso Antroido.
Xa vistes o bonito que quedou o cole con esta ambientación tan "currada". Moitas grazas, colaboradores. Sodes verdadeiramente artistas!!!
E @s nen@s, iamos  xeniales co noso disfrace!







30 de diciembre de 2013

21 de noviembre de 2013

Aquí estamos @s de 1-2 !!!

Non nos chega a xornada para tanto que facemos:
pintar, bailar, observar, colaborar, paladear,  compartir... e sobre todo xogar.
Mirade, mirade !






18 de noviembre de 2013

Bebés

Aquí estamos @s 7 da clase, disfrutando e superándonos día a día.
Non hai dúbida de que somos estupendísim@s!!!!