A escola abre esta nova porta ás familias para que compartades aínda máis o día a día das vosas nenas e nenos. Esperamos que disfrutedes con nós desta aventura!

15 de marzo de 2013

SAÍMOS DA ESCOLA

Queremos compartir novas experiencias cos compañeiros fóra da escola.
En catro ocasións paseamos ata a Fundación Barrié que, dentro do ciclo "Despertamos a las artes", programaba teatro. Nós vimos  JOP e CARACOLES. Disfrutamos moito!!!

 


O mércores 13 visitamos a Casa dos Peixes. Esta vez viaxamos en autocar. Viñeron un montón de mamás, papás, algúns avós ... Pasámolo a mar de ben!!!