A escola abre esta nova porta ás familias para que compartades aínda máis o día a día das vosas nenas e nenos. Esperamos que disfrutedes con nós desta aventura!

11 de julio de 2014

Galletas venezolanas

Nancy, a nai de Aaron, mostrounos como se fan estes doces. Pasámolo moi ben amasando ...  estaban boísimos! Grazas una vez máis, nai colaboradora!!!


10 de julio de 2014

A granxa

Visitamos a casa de Manola e Juan. Probamos o leite, montamos no tractor, dimos de comer ás vacas...e, sobre todo, pasamos un día estupendo.

7 de julio de 2014

Como medraron!!!

Estes pequechos non paran! 
Un montón de experiencias novas e sempre disfrutando con todo o que se lles propón.
E despois de tanta actividade... a reponer forzas.

27 de mayo de 2014

22 de mayo de 2014

Xeadaría Colón

Ao sair da Bebeteca, pasamos pola Colón. Como nos puxemos!!! que ricos están estes xeados...  de limón,  chocolate,  morango...
Dani mostrounos na cociña como os elaboran a diario, todos con produtos naturais.
Voltaremos de seguro.
Moitas grazas por proporcionarnos estes momentos tan doces!!!

20 de mayo de 2014

A bebeteca

Visitamos a Bebeteca da Deputación e Silvia deixounos mirar moitos contos. Algúns xa eran coñecidos pero había moitísimos novos. Temos que facernos socios para poder levalos á casa!!!

  



19 de mayo de 2014

Súper mamá

Arancha, a nai de Álex Formoso, visitounos o 8 de maio. Ademais de contarnos un conto explicounos como se curan as feridas e se poñen vendaxes. Tamén sentimos o corazón co fonendo... e debía petar moi forte porque estabamos tod@s emocionad@s!!!
Que xeito tan bonito de festexar o día da nai!
Grazas por acompañarnos, Arancha!!!

  

12 de mayo de 2014

A horta das Mariñas

Chegou a primavera e animámonos a plantar: leitugas de 3 tipos, morango, ceboliño e cabaciña. Pero en verdade o que máis nos gusta e regalas e andar na terra!!!


3 de abril de 2014

Amor de mis amores

Hai algo máis gratificante que bañar un bebé? É un momento precioso onde se establecen c@ recén vínculos afectivos a través do tacto, da mirada, da voz... que provocan que se sinta a gusto, relaxad@ e segur@.
Pois ben, Barri, o pai de Uxío, ofreceuse a vir á escola a ensinarnos como se fai isto. E non só a técnica, senón tamén que debemos facelo con amor e deixar que o bebé xogue e disfrute... 
@s da clase dos maiores aproveitamos para xogar c@s bonec@s e darlles un bo baño. Nós de paso tamén.
Precisamente estivo con nós o 19 de marzo... día do pai. Grazas!!!


2 de abril de 2014

Os peixes

Luis, o pai de Nerea, tróuxonos á escola cantidade de peixes e crustáceos e así puidemos velos de cerca e tocalos. 
Ademais, os maiores fixemos a primeira saída do curso e visitamos  a Casa dos Peixes. Vimos como os buzos os alimentaban e pásamolo de marabilla!!! 





16 de marzo de 2014

O Antroido do Gato Guille

"Gato Guille estaba xogando no seu cuarto.
De súpeto, escoitou un ruido estraño:
fiiiuuu  fiiiuuu ..."
Así arranca o conto que motiva o noso Antroido.
Xa vistes o bonito que quedou o cole con esta ambientación tan "currada". Moitas grazas, colaboradores. Sodes verdadeiramente artistas!!!
E @s nen@s, iamos  xeniales co noso disfrace!