A escola abre esta nova porta ás familias para que compartades aínda máis o día a día das vosas nenas e nenos. Esperamos que disfrutedes con nós desta aventura!

27 de mayo de 2014

22 de mayo de 2014

Xeadaría Colón

Ao sair da Bebeteca, pasamos pola Colón. Como nos puxemos!!! que ricos están estes xeados...  de limón,  chocolate,  morango...
Dani mostrounos na cociña como os elaboran a diario, todos con produtos naturais.
Voltaremos de seguro.
Moitas grazas por proporcionarnos estes momentos tan doces!!!

20 de mayo de 2014

A bebeteca

Visitamos a Bebeteca da Deputación e Silvia deixounos mirar moitos contos. Algúns xa eran coñecidos pero había moitísimos novos. Temos que facernos socios para poder levalos á casa!!!

  



19 de mayo de 2014

Súper mamá

Arancha, a nai de Álex Formoso, visitounos o 8 de maio. Ademais de contarnos un conto explicounos como se curan as feridas e se poñen vendaxes. Tamén sentimos o corazón co fonendo... e debía petar moi forte porque estabamos tod@s emocionad@s!!!
Que xeito tan bonito de festexar o día da nai!
Grazas por acompañarnos, Arancha!!!

  

12 de mayo de 2014

A horta das Mariñas

Chegou a primavera e animámonos a plantar: leitugas de 3 tipos, morango, ceboliño e cabaciña. Pero en verdade o que máis nos gusta e regalas e andar na terra!!!