A escola abre esta nova porta ás familias para que compartades aínda máis o día a día das vosas nenas e nenos. Esperamos que disfrutedes con nós desta aventura!

6 de junio de 2012

Á GRANXA!!!

Que mellor para empezar o mes que montar no autobús e visitar a Maruja e José na súa casa de Andeiro. Alí demos de comer ás vacas, montamos no cabalo, subimos aos tractores, vimos os invernadoiros, xogamos cos canciños, perseguimos galiñas...uff!
Ía moita calor e ó final fixemos un descansiño á sombra diante do hórreo para beber e tomar galletas e alfajores. Deliciosos!!!
Grazas por axudarnos a pasar unha xornada marabillosa!

1 comentario:

  1. Que bonita esta granxa de Andeiro! E que actividades tan interesantes facedes na escola!
    Parabéns!

    ResponderEliminar