A escola abre esta nova porta ás familias para que compartades aínda máis o día a día das vosas nenas e nenos. Esperamos que disfrutedes con nós desta aventura!

24 de julio de 2012

FESTA DE FIN DE CURSO 2011-2012

O último venres de xuño fixemos tremenda festa  no xardín. Xuntámonos pais, fillos, avós, tíos, primos e o persoal da escola... todos axudando a facer desa xornada un día tan especial. Pasámolo xenial!

Acompañáronnos ao comenzo  Pablo Díaz e Diego Barral coa súa música e cancións.
Houbo despois moitas actividades e obradoiros organizados polas familias: tatuaxe, maquillaxe, globoflexia, pintura de uñas, contos e decoración de galletas e bandexas.

No xantar contamos coa inestimable colaboración dos irmáns e primos camareiros que despois de servir a comida aos pequeniños, fixeron chegar aos maiores degustacións do máis multicultural. Probamos especialidades búlgaras, arxentinas, uruguaias, bolivianas, brasileiras, colombianas, peruanas, andaluzas e galegas ... Mmm!
Para asentar todas estas ricuras, que mellor que un té marroquí?

As vivencias desta xornada quedan plasmadas neste fantástico video. Gratitude sen fin ao seu autor Alberto,  pai de Leo Castaño. Menudo regalazo!


 





8 comentarios:

  1. GRAZAS A TODO@S, EU PASEINO ESTUPÉNDAMENTE E GRAZAS TAMÉN AO CÁMARA, PAPÁ DE LEO CASTAÑO, QUE FIXO UN TRABALLO XENIAL COS VÍDEOS DE TODO O CURSO !!!

    ResponderEliminar
  2. Que divertido! Cada ano facedes festas máis completas: o das comidas do mundo encantoume.
    As miñas felicitacións aos pais e nais da escola que son parte fundamental destas celebracións!
    Grazas a tod@s!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Por suposto. E que me dices d@s camareir@s? Fixeron un traballo estupendísimo. Bravo por elas e eles!!!!

      Eliminar
    2. A plantilla de camareir@s era de restaurante de luxo!!

      Eliminar
  3. Un bonito día, este si que è un video precioso pa promocionar a guarderia non che parece carmen?
    bego

    ResponderEliminar
  4. Certo. Como verás a cociña e os cociñeiros saen de marabilla(!!!!). E que me dices das esceas dos avós axudando a camiñar a neta?.Bicos

    ResponderEliminar
  5. Non hai como a ilusión!

    ResponderEliminar
  6. Por fin vi el video, es que no me había fijado en el enlace, me gusto mucho, no sé si ponerselo a andrea pq a lo mejor se pone triste al ver a sus antiguos compañeros,mañana le pregunto si quiere verlo besos carmen, ya sabes que soy bego

    ResponderEliminar