Hai algo máis gratificante que bañar un bebé? É un momento precioso onde se establecen c@ recén vínculos afectivos a través do tacto, da mirada, da voz... que provocan que se sinta a gusto, relaxad@ e segur@.
Pois ben, Barri, o pai de Uxío, ofreceuse a vir á escola a ensinarnos como se fai isto. E non só a técnica, senón tamén que debemos facelo con amor e deixar que o bebé xogue e disfrute...
@s da clase dos maiores aproveitamos para xogar c@s bonec@s e darlles un bo baño. Nós de paso tamén.
Precisamente estivo con nós o 19 de marzo... día do pai. Grazas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario