A escola abre esta nova porta ás familias para que compartades aínda máis o día a día das vosas nenas e nenos. Esperamos que disfrutedes con nós desta aventura!

3 de abril de 2012

ANTROIDO 2012 NAS MARIÑAS


Cada ano a celebración do Antroido na escola xira en torno a un conto. O elixido para este, foi o de GARAVANCIÑO (Ed. Kalandraka)

Á volta de Reis comenzamos xa a traballar. Unha comisión de nais e pais elixiron os temas para ambientar os espazos comúns da escola. Distribuíuse o traballo entre os colaboradores tanto para facer na casa, como durante as mañás na propia escola.
Durante todo un mes foron  maquinando, reciclando, pintando, recortando, pegando,  colgando… ata deixar todo estupendo: o Sr tendeiro articulado, a nai e a súa cociña, a casiña (parabéns aos irmáns maiores tamén, Alejandra!), os monigotes, os sembrados, árbores, montes, e o  boi xigante colgado  pola fachada!

 

O día 17 de mañá moitos pais, nais e avoas “marchosas” participaron na gravación dun vídeo. Moitas grazas Alberto cámara/ montaxe e Fer coa música!: sodes dignos pais dos  Leos de 2-3. Pasámolo moi ben!
Pola tarde continuou  a festa no xardín coas piñatas e todas as garavanciñas e garavanciños  disfrutando dun maravilloso día de sol. 

 

É un gusto poder contar con tanta xente ilusionada que nos axude. Queda demostrado que todas/os podemos aportar cousas que enriquezan a vida das nenas e nenos  na escola e facer dela un sitio vivo e compartido. 

 

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

5 comentarios:

  1. Noraboa por esta nova canle coas familias!
    Un traballo precioso!

    ResponderEliminar
  2. Gratisimamente abraiad@s por este precioso traballo de ambientación, de vestiario, de implicación entre profesorado e alumnado. Aos autores de "Garavanciño" vailles encantar. Dende Kalandraka, noraboa polo resultado da actividade, e moitas grazas por terdes escollido este fermoso conto.

    ResponderEliminar
  3. Que bonita festa!
    Parabéns!

    ResponderEliminar
  4. Ola familias,
    somos Olalla González e Mark Taeger, os autores do libro Garavanciño publicado por Kalandraka, estivemos vendo o blog da escola e quedamos impresionados polo voso traballo. Enhoraboa polo inxenio, o traballo en equipa e sobre todo polo resultado.
    Agardamos poder coñecervos a todos.
    Moitos saúdos dende Bueu.
    Olalla e Mark.

    ResponderEliminar