A escola abre esta nova porta ás familias para que compartades aínda máis o día a día das vosas nenas e nenos. Esperamos que disfrutedes con nós desta aventura!

30 de abril de 2012

CÓNTAME UN CONTO!!!

Na escola, dende os bebés ata os grandes, todos disfrutan moitísimo cos contos. Sabedes que diariamente hai un tempo dedicado a contalos, miralos e tocalos.
Escoitar contos e participar dunha historia non é calquera cousa: comezamos a entender o mundo a través deles, despértannos a curiosidade, a fantasía, as ganas de saber máis e de falar do noso.
Contalos non é nada sinxelo: aí está a habilidade do contador para avivar no neno todas esas emocións. A nosa recomendación é que practiquedes, que lle dediquedes un tempiño e xa veredes como o resto vai rodado... 




Durante tres días achegámonos con distintos grupiños, papás e avós á Biblioteca Municipal de Monte Alto coa idea de abrir un espazo novo de lecer para os peques. Un lugar cheo de historias marabillosas no que disfrutar un rato (de entrada uns minutiños) e sobre todo onde elixir libros e miralos na casa. 


 


2 comentarios:

  1. QUE TRABALLO TAN BONITO ESTE DO BLOG !!
    PODEMOS ADMIRAR TODO O QUE DISFRUTAN OS NENIÑOS NESTA ESCOLA !!
    QUE BEN !!

    ResponderEliminar
  2. Moi bonitas estas presentacións de fotos!
    Noraboa polo traballo

    ResponderEliminar