A escola abre esta nova porta ás familias para que compartades aínda máis o día a día das vosas nenas e nenos. Esperamos que disfrutedes con nós desta aventura!

13 de abril de 2012

OVOS DECORADOS

Onte visitounos Merce a nai de Antón. Ocurríuselle que podiamos decorar  ovos, xa que estes días se ven moito nas confitarías. Cavilando, cavilando pensou en adornalos con "gomets" de cores.
Como son moi fráxiles, Lola coceunos antes. Merce explicou que lles podiamos pegar os ollos, a boca e tamén un vestido...quedaron moi orixinais! Algún ía rompendo e así tamén puidemos probalos, tiveron moito éxito de ricos e de bonitos!


 

 

Que vos parece?

2 comentarios:

  1. QUEDOU PRECIOSO,ESPERO QUE DISFRUTEDES TANTO DESTAS IMAXES COMA MIN !!!!

    ResponderEliminar
  2. Pois que quedaron moi chulos!

    ResponderEliminar